11/02/2026

DÍA DA NENA E DA MULLER NA CIENCIA 2026

O día 11 de febreiro conmemórase o Día da Nena e da Muller na Ciencia e na escola facemos unha pequena escolla de títulos que poden ser interesantes para todos os nenos e nenas.



Este curso, ademais, por segundo ano participamos na iniciativa da Universidade de Santiago de Compostela "Unha en cada cole". Esta actividade ten como finalidade visibilizar ás enxeñeiras e científicas como referentes na Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas (CTEM), con diversas propostas e obradoiros en formato video. 

Esta proposta está dirixida a 4º, 5º e 6º de primaria, nenos e nenas que teñen acceso a dita información ao longo de varias semanas, poden visualizar na clase os videos e realizar diferentes experimentos, explicados por mulleres que traballan no ámbito científico na USC. 


https://unhaencadacole.gal/

Ningún comentario:

Arquivo do blog