06/05/2026

VISITA Á BIBLIOTECA DE NARÓN

O martes, 5 de maio, os nenos e nenas participantes no Club de Lectura visitaron a biblioteca de Narón, para coñecer ás súas instalacións e aprender sobre o funcionamento dunha biblioteca. 

A encargada da visita foi Fátima, que os acompañou ao longo de todas as seccións e espazos: entrada e novidades, lecturas xuveniles, espazo de lectura e consulta, depósito, literatura infantil, club de lectura...

Ao chegar tiñan unha selección de libros acordes aos seus gustos, xa que previamente cubriron unha enquisa sobre aquelo que máis lles interesaba.

Algunhas cousas que explicaron eran moi similares ás que acontecen na biblioteca da escola e contestaron ás preguntas que fixo Fátima con bastante acerto. 








Rematamos a visita con gañas de voltar xa non como visitantes senón como usuarios e usuarias co noso carné e poder coller unha morea de lecturas.

Grazas a todo o persoal da biblioteca por ser tan amable e compartir este ratiño con nós. 




Ningún comentario:

Arquivo do blog