27/11/2026

LIBROS "MAESTROS"

Fai unhas semanas publicamos unha recomendación sobre o libro "A gran familia" de Tomás Cuesta. Neste caso, non podiamos quedarnos só con recomendala, xa que é un libro que tivo moitas solicitudes na caixa de correo da Pescadora de Historias por parte do alumnado. 

A gran familia" xa forma parte da biblioteca dos tesouros, e chega moi ben acompando da reedición de "Cancións para o ano" de Ánxela Loureiro. Neste libro o CEIP de Esteiro ten un gran protagonismo, xa que os nenos e nenas da escola colaboraron -hai dous cursos- na actualización das imaxes que ilustran os xogos e cancións. Seguro que moitos recoñeceredes a alguén no seu interior. Paga a pena botarlle unha ollada!

En ambos casos os libros foron escritos por mestres do centro así que, se ánimo de ser fachendosos, toca presumir un pouquiño ;-)



Ningún comentario:

Arquivo do blog