12/11/2026

MES DA CIENCIA EN GALEGO 2026: ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA

En novembro conmemoramos o Mes da Ciencia en Galego cunha serie de actividades relacionadas coa ciencia e a lectura. 

Premendo na imaxe poderedes acceder a información interesante sobre esta celebración.



Na primeira quincena do mes repartiremos polas aulas unhas caixas temáticas con libros de ciencia, principalmente en lingua galega, que estarán á disposición do alumnado durante todo o mes. 






Tamén organizaremos unha exposición de libros sobre ciencias, que poderedes atopar no corredor e na biblioteca. Todos eles estarán dispoñibles para o préstamo cando se desexe.


        



Na segunda quincena chegarán as propostas máis interactivas. Por unha banda, propoñeremos diferentes retos matemáticos que os nenos e as nenas poderán resolver na biblioteca durante o tempo de recreo. Por outra, o alumnado de primeiro e cuarto de Educación Primaria preparará un experimento científico que explicará ao resto dos compañeiros e compañeiras a finais do mes de novembro.

Agardamos que sexa un mes cheo de descubrimentos, aprendizaxes e, sobre todo, moitas lecturas!

Ningún comentario:

Arquivo do blog