31/05/2023

DESPEDIDA DO CLUB DE LECTURA

O día 30 de maio, o Club de Lectura rematou a súa actividade por este curso. Para deixar un bo sabor de boca, "Os cazadores dos tesouros" e "Os cazalibros" fixeron unha reunión conxunta. 

Ademais de comer unhas saborosas pizzas, que non poden faltar nunha celebración así, nenos e nenas partillaron sobre o desenvolvemento do club, gravaron algún video para animar a participar ao alumnado de 6º do curso que ven e fixeron un pequeno podcast en Radio Buxaina. 

Como vedes, foi unha sesión intensa pero moi satisfactoria para todos e todas. 

Esperamos que o curso que ven moitos nenos e nenas queiran continuar con esta actividade dinamizadora da lectura. Agradecemos ao alumnado a súa participación, ás familias a confianza depositada e as mestras encargadas, Begoña e Fátima, o seu traballo. 















Ningún comentario:

Arquivo do blog