19/01/2026

DÍA DA PAZ 2026

As lecturas sobre paz, convivencia, solidariedade, entre outros temas, están sempre á disposición do alumnado na biblioteca dos tesouros... No mes de xaneiro sempre preparamos unhas caixiñas temáticas para que todos os nenos e nenas da escola poidan lelos en clase no tempo de lectura. 

Esperamos que esas lecturas sexan interesantes e conviden á reflexión e o diálogo. 














16/01/2026

TEMPO DE LECER, TEMPO DE LER E MOITO MÁIS...

Á volta de Nadal moitos nenos e nenas estaban desexando poder voltar á biblio no tempo de recreo. 

Algúns prefiren xogar a xogos de mesa, outros a LEGO, moitos e moitas queren debuxar, as marionetas tamén son das preferidas e, como non, os e as axudantes organizando, buscando libros, colocando e xestionando os préstamos. 

Este día abrimos un buratiño para poder ver todo o que acontece na biblio cando éstá aberta ao público :-)




14/01/2026

LEMOS OS NOSOS PROPIOS CONTOS

Polo Día da Biblioteca moitos nenos e nenas escribiron e ilustraron os seus propios libros, contos, cómics... e agora, despois de estar expostos na entrada do centro, pasan a formar parte do catálogo da biblioteca dos tesouros. 

Agora todos aqueles que queirades podedes levalos en préstamo, eso si, coidándoos moito, porque son exemplares únicos! Un verdadeiro tesouro :-)

Grazas a todos os nenos e nenas que participáchedes nesta actividade!















RECOMENDACIÓNS LECTORAS 2º TRIMESTRE 25-26

09/01/2026

ARTIGOS BOLSAS DOS TESOUROS 2º TRIMESTRE 25-26

O artigo seleccionado para este trimestre trata unha temática moi interesante: o tempo. Escrito por Alejandra Melús, experta en atención temperá, convida a reflexionar sobre como empregamos o noso tempo, a sobreestimulación á que estamos sometidos na actualidade con axendas saturadas tanto adultos como pequenos. O comezo de ano pode ser un bo momento para pensar sobre este tema. Podes lelo no seguinte enlace: 

https://clubdemalasmadres.com/agenda-planes/

O video seleccionado é de Victor Küppers, Doutor en Humanidades e Licenciado en Administración e Dirección de Empresas, ademais de profesor universitario e formador. Defensor do poder que ten a "actitude" para desenvolver o máximo potencial das persoas, como poderedes ver no enlace:

https://aprendemosjuntos.bbva.com/especial/aprender-a-escuchar-victor-kuupers/


Arquivo do blog