DÍA DO LIBRO
COMEZAMOS AS ACTIVIDADES DEDICADAS A
DÍA DO LIBRO
Bases do concurso o preguntón para o alumnado do centro
O PREGUNTÓN EN EDUCACIÓN INFANTIL
O
alumnado de 5º e 6º de Infantil participou masivamente no xogo de pistas
“O preguntón”, respondendo con moito interese ás preguntas. Atopáronas de tres
tipos diferentes: sobre Marte (proxecto traballado nas aulas), sobre a
clasificación dos libros na sección de Prelectores e o tipo de texto que poden
atopar neles e, finalmente, sobre o argumento dos contos que máis lles gustan.
A Pescadora de Historias quedou
encantada, e non só polo nivel de participación, senón tamén polo boa
organización das parellas para traballar en equipo, polo interese e esforzo que
puxeron todas e todos para ler as preguntas e atopar as respostas. En
consecuencia, todas as parellas obtiveron boas puntuacións, polo que a
Pescadora de Historias as premiou con bos e xenerosos agasallos. PARABÉNS!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario