Lecturas compartidas
O pasado 9 de maio, Erik Díaz de 4º de Educación Infantil, coa axuda de Cloé Filian de 6º de Primaria, leron o conto "El monstruo de colores" de Anna Llenas, aos seus compañeiros e compañeiras. Esto conto foi traballado na clase de Ensinanza Evanxélica e tiña como obxectivo coñecer as emocións e aprender a controlalas.
Tamén fixemos unha actividade que consistía en colorear ao monstro coa cor correspondente, segundo como se sentía nese intre: se estaba triste de cor azul, alegre de amarela... Finalmente, agasallaron aos pequenos cun marcapáxinas.


Ningún comentario:
Publicar un comentario