27/05/2019

APADRIÑAMENTO LECTOR 2019



APADRIÑAMENTO LECTOR 2019

Un ano máis chegou o tempo dos apadriñamentos lectores; este curso a Pescadora de Historias, xunto co equipo da biblioteca, decidiron que que os padriños e madriñas serían os nenos e nenas da clase de 4º de E. Primaria e os afillados e afilladas o alumnado de 5º de E. Infantil. Fai unhas poucas semanas que chegou a boa nova á aula dos padriños e madriñas; houbo unha explosión de ilusión, entusiasmo e emoción, tamén algo de impaciencia por vivir canto antes esta experiencia tan agardada. Canto interese e cantas preguntas!!!
Como ven sendo costume, dende que se anuncia o apadriñamento ata que se celebra, imos pasiño a pasiño:
O primeiro, e o que esperta gran expectación, é a presentación das parellas e entrega de carnés. Este ano parece que o azar estivo moi acertado, todas sintonizaron estupendamente:

 





Xorden pequenas conversas para coñecerse, descubrir intereses, preferencias e, especialmente, gustos literarios.

 Coñecidas as preferencias dos afillados e afilladas, os padriños e madriñas teñen que empregarse a fondo para elixir os contos máis fermosos:



 Por fin chegou o gran día: na hora de ler os padriños e madriñas recollen aos afillados e afilladas, quenes elixen o lugar do patio que máis lles gusta para o momento máxico da lectura, momento de reencontro e desfrute.







 Todos os afillados e afilladas reciben, ademais, un pequeno agasallo e gozan dun tempo de xogo cos seus padriños e madriñas. UN DÍA MOI ESPECIAL!!!

 


Ningún comentario:

Arquivo do blog