05/11/2022

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO


Hai trece anos que o mes de novembro conmemoramos o Mes da Ciencia en Galego nas bibliotecas. O obxectivo desta conmemoración é o de mostrar que a lingua galega é útil e tan válida como calquera outra para facer pescuda, ensino e divulgación científica.

Desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares recompilaron unha serie de recursos que podedes consultar no seguinte enlace: 


Por outra banda, desde a Institución Galega da Ciencia homenaxean no 2022 a Evariste Galois e Ángeles Alvariño. Premendo na imaxe poderedes ver máis información sobre ambos científicos, aínda que temos que resaltar a figura da oceanógrafa Ángeles Alvariño, que dedicou a súa vida a decubrir novos coñecementos oceanográficos e novas especies mariñas. Foi a primeira científica en traballar en barcos de exploración españois e británicos, de feito o buque oceanográfico español leva o seu nome. Na nosa biblioteca contamos con varios libros sobre ela, que durante este mes visibilizaremos para que o alumnado coñeza o traballo desta e outras mulleres científicas. 


Xa temos nos corredores da biblioteca algúns libros preparados e ao longo deste mes faremos diferentes actividades relacionadas coa ciencia en galego. Estade atentos e atentas!








Ningún comentario:

Arquivo do blog