22/03/2023

VISITA DE ANDREA MACEIRAS

O martes, 21 de marzo, visitounos a escritora Andrea Maceiras. Estivo co alumnado de 5º e 6º de primaria partillando sobre o seu libro "Alma de elefante". Esta lectura formou parte do itinerario lector dos cursos de 5º e 6º de primaria durante o 2º trimestre. 

É un libro moi fermoso, que recomendamos para pequenos e maiores. Aborda moitos temas interesantes, para que os fagades unha idea ofrecemos un pequeno resumo do mesmo: 

"Suy e Lawen son xemelgos. Suy ten alma de bolboreta e Lawen de elefante. Ou iso di a velliña Champey. A Suy parécelle imposible: el é máis forte e sempre coidou da súa irmá xemelga. Lawen é distinta das outras nenas: cústalle expresar os seus sentimentos e ponse nerviosa coas situacións novas. El debería ser o elefante! Pero ás veces as cousas non son o que parecen. Ás veces os tesouros teñen catro patas. E só as bolboretas voan o suficientemente alto para atopalos."



Moitas grazas a Andrea pola visita, todos e todas quedaron encantados coa túa intervención. Esperamos poder verte de novo polo cole de Esteiro.





Ningún comentario:

Arquivo do blog