Un curso máis arrinca o club de lectura, este ano con dous grupos de 6º de EP. "Os buscadores de tesouros" chegan pisando forte, con novas ideas e propostas que, pouco a pouco, vos iremos contando.
A primeira sesión, celebrada no mes de novembro, estivo chea de tarefas como:
- Xogo de presentación
- Entrega de material
- Firma de compromiso de participación
- Estudo dos libros: como enfocar a lectura
- Elaboración dun diario de lectura (personaxes, tempo dedicado á lectura...)
As lecturas escollidas foron "A señorita Bubble" de Ledicia Costas e "O segredo do lagarto arnal" de Andrea Maceiras, libros que mercamos o curso pasado grazas á participación no programa do Club de Lectura da Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia.
En decembro comentaremos os libros e escolleremos novas lecturas :-)
Ningún comentario:
Publicar un comentario