10/05/2024

ROTEIRO LITERARIO SOBRE CONCEPCIÓN ARENAL

Os clubs de lectura da escola realizaron unha actividade conxunta moi interesante: un roteiro literario. Neste caso estivo centrado na vida e obra de Concepción Arenal, muller ferrolá, escritora, avogada, visitadora de cárceres,  feminista... unha figura relevante da nosa cidade, Ferrol. 

Recorreron as súas rúas e prazas, lembrando a súa biografía e bibliografía, deténdose en lugares como a Biblioteca Municipal, a estatua que ten Concepción Arenal no barrio de Esteiro, o Torrente Ballester, o edificio do Concello ou o Cantón de Molíns. 

Non puideron asistir todos os membros do club, pero todas as nenas participantes demostraron o aprendido na preparación deste roteiro por toda a cidade. 

Parabéns a todas polo bo facer e noraboa ás mestras encargadas do club por organizar unha actividade tan enriquecedora. 




Ningún comentario:

Arquivo do blog