O 17 de maio conmemórase o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Luísa Villalta.
O equipo de biblioteca colabora co equipo de Dinamización de Lingua Galega na adquisición de fondos e promoción dos mesmos, servindo de recursos a alumnado e profesorado para coñecer esta e outras figuras relevantes da cultura galega, en xeral, e da literatura galega, en particular.
Estas dúas biografías forman parte xa dos fondos da biblioteca dos tesouros para uso e disfrute de toda a comunidade educativa.
Asimesmo, no corredor da biblioteca hai unha pequena exposición de libros sobre autores e autoras homenaxeados en anos anteriores.
Tamén teremos a disposición do alumnado algunhas das actividades ofrecidas polo Seminario Galán, sobre Luísa Villalta, para realizar no tempo de lecer ao longo destes días.
Ningún comentario:
Publicar un comentario