22/05/2024

PRÉSTAMOS SORPRESA

Quedan pouquiños días de poder coller libros en préstamo, así que despedimos a biblioteca dos tesouros cunha actividade que foi todo un éxito: os préstamos sorpresa

O equipo de biblioteca fixo unha selección de lecturas para todos os cursos de primaria, moitos deles libros que habitualmente non se escollen polo alumnado, ben porque os estante están cheos e algúns libros quedan agochados, ben porque hai nenos e nenas que collen sempre libros do mesmo estilo...

 Despois colocamos unha pequena tarxeta que daba algunha pista sobre o contido do libro, envolvémolo con moito agarimo e listo, uns libros sorpresa xeniais!

Hoxe estaban todos expostos esperando polos nenos e nenas...


Aos poucos minutos...


Así estaba a mesa dos préstamos!


E aínda que non temos foto, prometemos que non quedou nin un! Moitas grazas a todos e todas pola acollida da actividade, esperamos que vos gusten as lecturas!



Ningún comentario:

Arquivo do blog