04/06/2024

DESPEDIDA DO CLUB DE LECTURA

Os meses foron pasando e con eles as lecturas dos club de lectura. O día 28 de maio os nenos e nenas participantes nesta actividade tiveron unha sesión conxunta de despedida, compartindo unhas saborosas pizzas :-)

Nesta sesión, ademais de rematar a actividade,  cubriron unha enquisa valorando a actividade e facendo suxestións de mellora. Tamén gravaron un podcast resumindo as lecturas realizadas, que lles quedou moi divertido. Non dura moito, animádevos a escoitalo no seguinte enlace.

https://www.ivoox.com/buscadores-tesouros-audios-mp3_rf_129591138_1.html

Grazas aos Buscadores de Tesouros:  Yaiza, Carolina, Candela F., Némesis, Candela O., Emma, Alexandre, Sara, Laura e María por participar activamente no Club de Lectura e crear un grupo de lectura tan fantástico. E moitas grazas tamén a Begoña Santiago e Begoña Romero, por coordinar, organizar e desenvolver esta actividade, dedicando, mes a mes, parte do seu tempo para que todas as sesións e actividades fosen posibles. 







Ningún comentario:

Arquivo do blog