O día 3 de novembro comezamos o Club de Lectura deste curso. Unha morea de nenos e nenas están apuntados e esperamos ter un curso cheo de lecturas interesantes.
En primeiro lugar, houbo tempo de comer xuntos, unha das cousas máis esperadas, compartindo risas e confidencias.
Despois, realizamos algunhas actividades como:
- Ler e asinar un acordo de participación no club.
- Escribir e compartir cales son os nosos gustos literarios.
- Redactar as nosas expectativas sobre o club.
- Escoller a lectura que realizaremos ao longo do mes e facer o empréstito en KOHA.
- Falar dde vindeiras actividades que realizaremos.
A lectura do vindeiro mes será "Alma de elefante" de Andrea Maceiras. Esperamos que guste moito e poder intercambiar as nosas opinións e debatir sobre o libro.






Ningún comentario:
Publicar un comentario